martes, 15 de outubro de 2019

Mes terrorífico: CABACEIRAS

Resultado de imaxes para samaín debuxo


QUE É UNHA CABACEIRA?

A cabaceira é unha planta de follas moles e amplas, cunhas flores comestibles de cor laranxa. O seu froito acada un grande tamaño e posúe unha cortiza dura que garda unha carne polposa na que 2 se sosteñen ducias de sementes chamadas pebidas. Soe plantarse a primeiros de verán no medio do maínzo porque aproveita as súas canas para prender os seus sarmentos. Necesita terreos húmidos e un tempo quente, soporta ben as terras ácidas por iso se da en Galicia. Existe unha grande diversidade de especies de cabaceiras (todas da familia das Cucurbitáceas), por exemplo a cabaza pasteleira, a cabaza de Senegal, a cabaza de San Pedro, a cabaza de California, a cabaza da India, etc. En Galicia seméntanse varias especies de cabaceiras sendo a máis común e a máis extendida a Cucurbita pepo ou cabaceira común.

USOS DAS CABAZAS

Os usos desta especie son moi variados, sendo a mantenza do gando a principal de todos eles. Así mesmo en moitas zonas de Galicia aproveitase para o consumo humano, facendo doces e potaxes para o que se aproveitan as máis maduras de todas elas. Este costume culinario tamén se atopa no mundo británico. Da súa cortiza pode extraerse tamén un aceite vexetal. Así mesmo, as pebidas enxoitas e salgadas son aproveitadas para o consumo humano e tamén hoxe en día véndense en moitas tendas para o seu consumo como outros froitos secos.

Resultado de imaxes para CALABAZA


CÓMO SE FAI UNHA CAVEIRA?

A técnica do tallado da caveira é ben sinxela. Empézase facendo unha incisión superior semellante a unha boina. Afástase este bonete, límpase por dentro axudándose dun raspador, toda a polpa e os farrapos de onde colgan as pebidas ou sementes do froito. Tendo o interior ben limpo e rebaixado fanse dous furados para os ollos, outro para o nariz e outro para a boca. Pódese rematar poñéndolle uns pauciños nos beizos a xeito de dentes e prendendo unha vela no seu inteiror co coidado de colocala convenientemente para que non caia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario