xoves, 17 de maio de 2018

PARTICIPAMOS NO CORRELINGUA


O mércores 16 de maio participamos no CORRELINGUA 2018, que este ano tivo o seu colofón no Parque de Castrelos. Ata alí fomos todos ( os nenos e nenas do cole xunto cos seus mestres) para pasar un rato moi agradable en compañía dos participantes doutros centros e todo elo amenizado coas diversas actuacións que houbo en galego, por suposto, para ensalzar a nosa lingua.
O lema deste ano era "A LINGUA NON PARA"


martes, 15 de maio de 2018

LETRAS GALEGAS 2018

Este ano para celebrar a festividade do día  das LETRAS GALEGAS  tivemos no cole algunas actuacións. A primeira foi a de dous gaiteiros, un deles foi mestre neste cole, que ademáis de tocar varias pezas, tamén nos explicaron cousas sobre a gaita (instrumento moi importante na música galega). Outro día asistimos á actuación do grupo TRIADE, que xa estivera en outra ocasión no centro. As dúas actuacións estiveron moi ben e todos disfrutamos coa música que nos presentaron.