xoves, 12 de decembro de 2019

Panxoliñas e villancicos

Hoxe os alumnos e alumnas de sexto visitamos o museo Liste para coñecer as diferenzas entre os estilos musicais destas datas.
Creamos instrumentos e todo. Pasámolo xenial!





venres, 29 de novembro de 2019

Mes da ciencia

Con motivo da celebración do mes da ciencia, estamos a traballar en diferentes cursos a través de experimentos. Dende Infantil ata sexto de Primaria.




mércores, 20 de novembro de 2019

REGUEIFANDO


Hoxe os alumn@s de quinto de Primaria recibiron unha clase de como facer regueifas, Pinto D'Herbón e Caruncho foron os encargados de ensinarlles como crear poesías con versos de oito sílabas e rimando o segundo e o cuarto, e ademáis con ritmo.
Foi un obradoiro moi participativo, no que os alumn@s crearon moitos e interesantes versos.










xoves, 14 de novembro de 2019

Visita de Pepe Carreiro

Hoxe recibimos a visita de Pepe Carreiro e dos seus "Bolechas" que viñeron a ensinar o que é a diabetes a través dunha das súas historias.

martes, 5 de novembro de 2019

A pantasma sacamedos (Samaín)

O pasado mércores día 30 celebramos o Samaín no cole. Pasámolo xenial.
Os días previos a esta data, os/as pequerrechos/as de Infantil estiveron a traballar os medos nas súas aulas para poder darllos "de papar" á pantasma sacamedos ese máxico día 30.










luns, 28 de outubro de 2019

Contando contos

As profes de infantil seguen traballando contos cos máis pequenos. Neste caso tocou "Hansel e Grettel".
Aquí vos deixamos como percibiron os/as pequenos/as o conto.










sábado, 26 de outubro de 2019

Apadriñamentos lectores









O pasado venres fixemos todos os alumnos e alumnas do cole apadriñamentos lectores. Pasámolo xenial e poder compartir a lectura cos máis pequeños foi maravilloso.

xoves, 24 de outubro de 2019

Traballando medos

Os pequerrechos e pequerrechas de infantil  ensináronnos o comezo dunha actividade que teñen preparada e que tamén vos ensinaremos...

Baseándose na historia de Fiz, o coleccionista de medos (un rapaz que lle tiña medo a todo, todísimo), cada un/unha escribiu o que máis medo lle da nunha pequena pantasma.

Xa veredes o que fan con eles...




Polo de ágora, deixámosvos  a historia, por se a que redes ver....https://youtu.be/a77SG0RhJ54

Remate da exposición

Hoxe remataba o prazo para traer os sombreiros terroríficos. Que marabillas temos!








martes, 22 de outubro de 2019

EXPOSICIÓN DE SOMBREIROS

Este mes con motivo da celebración do Samaín, estamos a facer no cole un concurso de sombreiros terroríficos. Hainos do máis variado e todos xeniais.


martes, 15 de outubro de 2019

Visitas ó cole

A semana pasada recibimos unha charla sobre muralistas e a decoración de espazos urbanos aproveitando a visita da futura creadora do mural do noso cole.


Falounos tamén de Vigo Cidade de Cor, que é "un proxecto revolucionario para erradicar o feísmo". A temática dos murais é moi diversa, do mesmo xeito que o estilo. Non hai unha liña definida.

Estamos desexando ver como queda o do noso centro!

Resultado de imaxes para muralistas vigo

Mes terrorífico: CABACEIRAS

Resultado de imaxes para samaín debuxo


QUE É UNHA CABACEIRA?

A cabaceira é unha planta de follas moles e amplas, cunhas flores comestibles de cor laranxa. O seu froito acada un grande tamaño e posúe unha cortiza dura que garda unha carne polposa na que 2 se sosteñen ducias de sementes chamadas pebidas. Soe plantarse a primeiros de verán no medio do maínzo porque aproveita as súas canas para prender os seus sarmentos. Necesita terreos húmidos e un tempo quente, soporta ben as terras ácidas por iso se da en Galicia. Existe unha grande diversidade de especies de cabaceiras (todas da familia das Cucurbitáceas), por exemplo a cabaza pasteleira, a cabaza de Senegal, a cabaza de San Pedro, a cabaza de California, a cabaza da India, etc. En Galicia seméntanse varias especies de cabaceiras sendo a máis común e a máis extendida a Cucurbita pepo ou cabaceira común.

USOS DAS CABAZAS

Os usos desta especie son moi variados, sendo a mantenza do gando a principal de todos eles. Así mesmo en moitas zonas de Galicia aproveitase para o consumo humano, facendo doces e potaxes para o que se aproveitan as máis maduras de todas elas. Este costume culinario tamén se atopa no mundo británico. Da súa cortiza pode extraerse tamén un aceite vexetal. Así mesmo, as pebidas enxoitas e salgadas son aproveitadas para o consumo humano e tamén hoxe en día véndense en moitas tendas para o seu consumo como outros froitos secos.

Resultado de imaxes para CALABAZA


CÓMO SE FAI UNHA CAVEIRA?

A técnica do tallado da caveira é ben sinxela. Empézase facendo unha incisión superior semellante a unha boina. Afástase este bonete, límpase por dentro axudándose dun raspador, toda a polpa e os farrapos de onde colgan as pebidas ou sementes do froito. Tendo o interior ben limpo e rebaixado fanse dous furados para os ollos, outro para o nariz e outro para a boca. Pódese rematar poñéndolle uns pauciños nos beizos a xeito de dentes e prendendo unha vela no seu inteiror co coidado de colocala convenientemente para que non caia.

martes, 8 de outubro de 2019

Outubro sempre é...

Outubro sempre é mes de Samaín, de historias e lendas.

Hoxe imos contar a orixe desta festividade.

ORIXE DA FESTA

 Hai aproximadamente 2.600 anos chegaron a Galicia os pobos Celtas. Ademais dos seus adiantos científicos e técnicos, como foi a metalurxia do ferro, tamén trouxeron a súa cultura e as súas crenzas. Os celtas eran politeístas, adoraban a moitos deuses.
De aí que as súas festas coincidan con determinadas datas relacionadas coas estacións e cos seus cambios:
• 1 Febreiro en honra a de idade Imbole.
• 1 Maio en honra a de idade Beltain.
• 1 Agosto en honra a de idade Lungh.
• 1 Novembro en honra a de idade Samaín.

O igual que outros pobos bárbaros, os Celtas consideraban as cabezas dos seus inimigos máis que como un botín de guerra coma un dos misterios do ser humano. Crían que "aquel que posuíse unha caveira posuiría a forza máxica da súa pantasma". Cando as colocaban en lugares estratéxicos non só lle concedían valores defensivos senón que tamén lles crían capaces de sucesos prodixiosos dende cánticos celestiais, arrepiantes berros e sobre todo profecías verdadeiras.

Resultado de imaxes para samaín debuxo

A festa do Samaín, festa laica que representa a fin do verán, das colleitas e o inicio do verán, era a festa máis importante dos celtas e marcaba os inicios do ano novo celta representaba a festa dos mortos. Esta era a data máis perigosa do seu calendario posto que o mundo dos mortos, o Outromundo, facíase accesible para os mortais, podendo pasar a formar parte del por culpa dun feitizo ou meigallo. Cando chegaban as celebracións do Samaín (o chegaren as longas noites escuras) tense por certo que os celtas colocaban unha velas rudimentarias no interior das caveiras dos inimigos mortos, colocándoas nos cruces de camiños, nos arredores e nas muradas dos seus castros, co obxecto de arrepiaren os inimigos, para asombro e veneración das súas xentes e para esconxurar os perigos da celebración. Moitos anos despois o cristianismo escolleu estas datas para celebraren o día de defuntos e tódolos santos.


martes, 1 de outubro de 2019

Benvido outubro


O outono na cultura galega.

Na sociedade tradicional galega "outono" era en moitos puntos propiamente o nome que recibía o mes de outubro, mentres a estación denomínabase nos primeiros meses primavera de outono[ ou verán de San Martiño para o comezo do mes de novembro.

Deixámosvos unha  lista de froitos do outono aquí. Coñecédelos todos?

sábado, 21 de setembro de 2019

O sultán e os ratos

Moitas veces non adoitamos ver pequenos filmes na nosa lingua, pois aquí deixamos un, para que disfrutedes. Boa semana!




Ao sultán gustáballe moito o queixo. Tiña cuartos cheos de queixos, procedentes de todas as partes; pero o palacio encheuse de ratos que comían o queixo do sultán, e os conselleiros tiveron que buscar unha solución. Para botar os ratos, mandaron traer gatos; para botar os gatos, traer cans; para botar os cans, traer leóns; para botar os leóns, traer elefantes; para botar os elefantes, traer ratos… e así ata nunca acabar. Este conto, de orixe árabe, encadea unha serie de sucesos que van complicando cada vez máis a historia deica ao final, en que tornamos ao punto de partida. Todos os sucesos son tratados con moito humor, e as situacións ocorrentes e disparatadas sucédense unha tras outra. As repeticións do conto resultan moi eficaces para conectarmos cos destinatarios infantís, dado o seu carácter lúdico. E para que a historia non resulte interminable, neste tipo de estruturas, con frecuencia, pecha a redacción unha fórmula final que subliña a natureza indefinida do relato.


Fonte: OQO Filmes en galego

xoves, 12 de setembro de 2019

BENVID@S : NOVO COMEZO

Bo día a todos e todas. Comeza un novo curso e dende o equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos darvos moitísima forza para comezar o curso de marabilla.