luns, 23 de outubro de 2017

Concurso de Cabazas e Conxuros










BASES DO CONCURSO :
  • As cabazas decoradas e os conxuros serán entregadas o luns 30 de outubro .
  • As cabazas deben ser de un tamaño medio.
  • Os irmáns poden presentar unha soa cabaza e conxuro  ao concurso.
  • Os conxuros deben vir escritos en galego ( en lapis non) , tamaño máximo B-5 ( medio folio).
  • Todos os participantes levarán un pequeño agasallo pola súa participación. Haberá dúas categorias : Educación Infantil e Educación Primaria, cadansúa con 1º , 2º e 3º premio.
  • Non esquezades poñer o voso nome e curso.
  • Entrega de premios o día 2 de novembro ás 12 h no ximnasio.
  • O xoves día 2 as cabazas serán retiradas da exposición.
  • Os conxuros quedarán expostos no centro. 

ANIMÁDEVOS !


Ningún comentario:

Publicar un comentario