mércores, 20 de decembro de 2017

Bo Nadal



O EDLG do CEIP Canicouva deséxavos unhas Felices Festas ! 




martes, 12 de decembro de 2017

Sabedes quen é o Apalpador?

SABEDES QUEN É O APALPADOR? 



AQUI VOS DEIXAMOS UNS CANTOS ENLACES PARA XOGAR E APRENDER SOBRE ESTE SINGULAR PERSOEIRO DO NADAL TRADICIONAL GALEGO 







E TAMÉN UNS CANTOS CONTOS QUE NOS CONTAN AS SUAS ANDANZAS 













luns, 27 de novembro de 2017

Recursos para o Nadal

Aqui vos deixamos algúns 
recursos para este Nadal .
Preme nas imaxes que teñen movemento .


Achégase o Nadal





Aquí vos deixamos unhas cantas panxoliñas para ir quentando motores de cara o Nadal . 

martes, 14 de novembro de 2017

Mes da Ciencia en Galego

Como sabedes o mes de novembro é o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas Escolares. 
Con tal motivo dende o EDLG e o Equipo de Biblioteca do noso centro imos propoñervos que realicedes varios experiementos en galego, por suposto. 

Aquí os tedes ;


venres, 10 de novembro de 2017

TRABALLO 3ºB

Os nenos e nenas de 3ºB estiveron investigando co gallo do Magosto sobre a castaña. 

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do seu traballo . 



xoves, 9 de novembro de 2017

Vocabulario "Os animais"

Neste mes de novembro dende o EDLG estamos propómosvos traballar sobre o vocabulario dos animais. Se ben estamos seguros de que os coñecedes de sobra, pode que en galego vos sexan descoñecidos. 






martes, 7 de novembro de 2017

MAGOSTO 2017


MAGOTO


ESTE ANO OS NENOS E NENAS DO CEIP CANICOUVA PASAMOS UN MAGOSTO MOI ESPECIAL FACENDO XOGOS TRADICIONAIS PARA LOGO DEGUSTAR UNHAS RICAS CASTAÑAS ASADAS.

luns, 6 de novembro de 2017

Contos para o Magosto







MAGOSTO 2017

Adiviña, adiviñanza .... 

SON DE COR CHOCOLATE
ÁBRENSE COA CALOR
E SE AS BOTAS AO LUME
ESTOUPAN CON GRAN SABOR.
QUEN SON? 




















domingo, 5 de novembro de 2017

Preparándonos para o Magosto






DENDE O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN
 DE LINGUA GALEGA 
AQUI VOS DEIXAMOS ALGUNHAS PROPOSTAS
 PARA IR ANIMANDO O MAGOSTO .





























xoves, 2 de novembro de 2017

PREMIADOS SAMAIN 2017

DENDE O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA QUEREMOS DARVOS A GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN NO CONCURSO DE CABAZAS E CONXUROS 2017. 

AQUI VOS DEIXAMOS OS PREMIADOS DESTE SAMAÍN.


venres, 27 de outubro de 2017

RECURSOS PARA O SAMAIN





RECURSOS PARA O SAMAÍN


CORRE CORRE CABACIÑA 




TUMBA TUMBA 





NO SAMAÍN 



A BRUXA MARUXA



OS MONSTRIÑOS 




A CABAZA QUE NON SABÍA ASUSTAR



A BRUXA REGAÑADENTES 




 A AVENTURA DE NERA


O SAMAÍN 



ORIXE DO SAMAÍN 

O calendario celta está dividido en catro estacións:







• 1 de novembro, a entrada do inverno ou “SAMHAIN”.
• 1 de febreiro, “IMBOLC”, palabra que designa a primavera.
• 1 de maio, a chegada do verán ou “BELTAIN”.
• 1 de agosto, a colleita dos froitos ou “LUGNASAD”.


O “Samhain” representa o fin da temporada das colleitas e a chegada dun novo ano.
Na noite do 31 de outubro ao 1 de novembro a porta que separa o mundo dos vivos e o dos mortos desaparece e as almas dos defuntos regresan a visitar os seus antigos fogares.
Para manter ledos aos seus antepasados e afastar aos espíritos ruíns, os celtas colocaban  comida ou doces fóra das casas.Tamén acendían  fogueiras para guialos . 
Máis tarde, estas fogueiras foron  substituídas por nabos grandes que se baleiraban e nos que se colocaba unha candea acesa.




Moitos irlandeses (que teñen orixe celta) emigraron a Estados Unidos,e levaron  consigo unha tradición que conservarán durante séculos chegando ata os nosos días . 







luns, 23 de outubro de 2017

Concurso de Cabazas e Conxuros










BASES DO CONCURSO :
  • As cabazas decoradas e os conxuros serán entregadas o luns 30 de outubro .
  • As cabazas deben ser de un tamaño medio.
  • Os irmáns poden presentar unha soa cabaza e conxuro  ao concurso.
  • Os conxuros deben vir escritos en galego ( en lapis non) , tamaño máximo B-5 ( medio folio).
  • Todos os participantes levarán un pequeño agasallo pola súa participación. Haberá dúas categorias : Educación Infantil e Educación Primaria, cadansúa con 1º , 2º e 3º premio.
  • Non esquezades poñer o voso nome e curso.
  • Entrega de premios o día 2 de novembro ás 12 h no ximnasio.
  • O xoves día 2 as cabazas serán retiradas da exposición.
  • Os conxuros quedarán expostos no centro. 

ANIMÁDEVOS !


venres, 20 de outubro de 2017

Feliz Ciencia en Galego 2017





VIII DIA DA CIENCIA EN GALEGO 

PREME NA ICONA DE IGACIENCIA SE QUERES SABER MÁIS 




mércores, 18 de outubro de 2017

VOCABULARIO OUTONO

Un mes máis dende o EDLG seguimos incentivando a aprendizaxe de novo vocabulario en galego entre o noso alumnado. 
Este mes adicámolo ao vocabulario sobre o Outono . 


martes, 17 de outubro de 2017

Canción de aniversario








Dende o  EDLG gustaríannos que os nenos e nenas felicitaran os aniversarios tamén en galego. 

Aquí vos deixamos a letra  e dúas versións para que escollades a que máis vos guste. 













mércores, 4 de outubro de 2017

Nove meses, nove causas : Setembro

Este curso, dende o EDLG imos levar a cabo un Proxecto Anual que leva por título " Nove meses, nove causas" no que imos promover o uso da nosa lingua a través da exposición de varios murais que levarán unha temática diferente cada mes. 

Comezamos este mes de Setembro propoñendo ao noso alumnado a aprendizaxe e uso de vocabulario referente ao escola . 














mércores, 13 de setembro de 2017

Novo curso 2017 / 2018



Este curso que agora comezamos homenaxeamos a María Victoria Moreno no día das Letras Galegas . 



Aqui vos deixo un enlace para ir investigando un pouco sobre ela . 


martes, 16 de maio de 2017

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2017


Un ano máis celebramos a Festividade das Letras Galegas con diversas actuacións , preparadas por todos os alumnos e profesores do centro.  Aquí vos queda una mostra do feito o luns 15 e o martes 16 de maio. Esperamos que vos guste, e os que poidestes disfrutar do directo, o teñades pasado moi ben.







luns, 15 de maio de 2017

martes, 9 de maio de 2017

Revista Letras Galegas 2017

Aquí vos queda a nosa Revista Escolar deste curso 2016 - 2017. Esperamos que vos guste.
Nela ides atopar moitos dos traballos feitos por todos os nenos e nenas do cole. Ademáis poderedes coñecer moitas cousas da persoa homenaxeada este ano 2017: CARLOS CASARES

mércores, 26 de abril de 2017

Fundación Carlos Casares

 
 
 
 
 
http://fundacioncarloscasares.org/2016/07/09/casares-dia-letras-2017/
Ligazón a Fundación Carlos Casares onde atoparedes moita información sobre o autor homenaxeado deste ano .

mércores, 19 de abril de 2017

Letras Galegas 2017

Imaxe obtida en fundacioncarloscasares.org

Este ano adícase o Dia das Letras Galegas a Carlos Casares , para ir traballando nas aulas, aquí vos deixamos algunhas ligazóns moi interesantes. 


















xoves, 23 de febreiro de 2017

DÍA DE ROSALÍA

Ao chegar de novo ao colexio, algúns alumnos foron polas aulas a recitar poemas da autora.

Rosalía de Castro 2 on PhotoPeach

DÍA DE ROSALÍA

Hoxe os alumnos de 5º e 6º de Ed. primaria do noso centros, xunto cos seus profeores, acudiron ao acto celebrado na Praza do Rei para conmemorar o Día de Rosalía.  Unha vez alí e despois da lectura dun poema da autora, feita polo Alcalde, algúns nenos leron un manifesto, recitáronse algúns poemas e para rematar houbo unha solta de globos que levaban atados títulos de poemas ou versos dos mesmos.
DÍA DE ROSALÍA 1 on PhotoPeach

mércores, 15 de febreiro de 2017

DÍA DA PAZ

 LIBRO DA PAZ

Todos os nenos e nenas representaron A Paz de diferentes maneiras nun libro que podedes ver aquí.

Disfrutade destes traballos tan bonitos.