martes, 10 de novembro de 2020

NANO E A DIABETES

Con motivo do día mundial da diabetes, o 14 de novembro, tivemos unha visita especial no cole. Raquel Queizás contoulles un fermoso conto os máis pequechos.

Podédelo ver na seguinte ligazón

NANO E A DIABETES



mércores, 4 de novembro de 2020

OUTONO NO CANICOUVA

EXPOSICIÓN DE OUTONO DO ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL

No taboleiro do EDLG (situado no corredor da entrada ao centro) temos expostos os traballiños que nos fixeron os nosos pequech@s. Botádelle un ollo, son fermosos!


RECEITAS DE OUTONO 

Os alumn@s de Primaria do CEIP Canicouva deíxannos unha serie de receitas deliciosas para degustar no outono. 

Animádevos a probalas!

Receitas de outono

mércores, 14 de outubro de 2020

luns, 5 de outubro de 2020

RECURSOS PARA O TEMPO DE LECER NA CASA

Boas a tod@s!

Hoxe queremos deixarvos unha selección de distintos recursos para o tempo de lecer no fogar. Esperamos que vos gusten 😊  

https://padlet.com/galixblog/vy936q0zcf68

luns, 14 de setembro de 2020



O Equipo de Dinamización da Lingua Galega preséntase e da a benvida a todos os nenos e nenas do centro.

Deixamos tamén unhas recomedacións para estos tempos nos que nos toca vivir. 
Esperamos que pasedes un ratiño agradable.

domingo, 17 de maio de 2020

Revista Letras Galegas 2020

Letras galegas 2020

Un día como hoxe, queremos compartir convosco unha actividade en conmemoración do noso día. Do día da nosa lingua.Este ano as nosas Letras están dedicadas a un autor ferrolán, Ricardo Carballo Calero (ou Carvalho Calero, como asinou os seus escritos dende a década dos 70).

Resolve o caso